Friday 26 de April de 2024

Xornada en conmemoración do Día dá Árbore


O Concello de Ortigueira organizou hoxe unha xornada en conmemoración do Día da Árbore.

No encontro, plantouse un Ginkgo biloba no Parque Mourón, unha planta orixinaria de China, tamén coñecida como árbore dos corenta escudos ou nogueira do Xapón.

Participou o alumnado do CEIP José María Lage e do IES de Ortigueira, así como os usuarios e usuarias do Centro de Atención a Persoas Maiores de Ortigueira.

Durante este día, os usuarios e usuarias da biblioteca municipal recibirán un castiñeiro con motivo desta efeméride.